jueves, 11 de septiembre de 2008

CENTRO DE TRANSFORMACION NA RUA PADRE CELSO



A A.V. do Calvario oponse ó transformador da rúa Padre Celso
A instalación dun transformador na rúa Padre Celso incumple as normativas do Concello de Vigo.
A veciñanza da rúa Padre Celso e rúa Aragón, presencia con impotencia como o centro de transformación de media tensión da compañía Unión Fenosa, na rúa Padre Celso nº 2, (esquina Redomeira), instalado sen a oportuna licencia por “EXCLUSIVAS ORALFI, S.L.”, segue instalado, sen que a resolución da Xerencia de Urbanismo, en nome do seu vicepresidente en data 26 de Xaneiro de 2006, lle fagan caso algún. Espedente nº 13.474/423, denuncia feita por unha veciña afectada, resolución que se adxunta.
Adxunto tamén enviamolles outra demanda ao Xulgado nº 2 de Vigo, esta vez tamén demandan pola inactividade o Concello de Vigo.
Na reunión mantida con vostede o día 20 de Agosto deste ano, quedou con o nº de expedente deste tema, e dixo que o ía a ver. Como queira que atá agora non tivemos noticias do caso, enviamoslle este escrito con toda a documentación que aportamos para que tome unha resolución de quitar o transformador do lugar como así o estipula a Ley.

Esperadando que Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, dé as ordenes oportunas para que retiren dito centro de transformación da rúa Padre Celso, e que o poñan no interior do edificio ou subterrado.
Xa se presentou a denuncia na Xerencia de Urbanismo.

No hay comentarios: